Monday 29 de April de 2024

O venres 16 pecha o prazo de preinscrición para participar na viaxe á neve da Deputación


Entre o 17 e o 20 de febreiro a Deputación da Coruña organiza unha viaxe á estación de esquí de Valgrande-Pajares para rapaces e rapazas de entre 11 e 15 anos. Para poder participar as persoas interesadas deberán preinscribirse na Fábrica antes do venres día 16 de decembro.

O prezo da viaxe, co transporte incluído, é de 85 euros. Unha vez rematado o período de preinscrición, no caso de que haxa máis solicitudes que prazas, realizarase un sorteo público.